Trátase dunha campaña que a Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo pon en marcha en colaboración coa “Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela” e Armadores de Burela cun triple obxectivo: fomentar o consumo de peixe, apoiar ao sector hostaleiro do norte de Galicia e promocionar o “Camino del Mar”, ruta xacobea que comunica por terra o Camiño Norte e o Camino Inglés a Compostela.
Nesta quinta fin de semana gastronómica o Camiño une as provincias de Lugo e A Coruña, xa que fai parada nos concellos de O Vicedo (Lugo) e Mañón (A Coruña), nos restaurantes Area Grande, Mesón O Remo, O Centro e Semáforo de Bares, que ofrecen pratos especiais con sabor a “Peixe de Burela”.
Unha das novidades desta edición é que todas as persoas que participen no “Camiño Gastronómico do Mar” e selen alo menos a súa “Compostelana” en dous concellos distintos, poderán optar a gañar un lote de peixe da lonxa de Burela nun sorteo que se fará despois da última etapa.
Esta campaña encádrase dentro do Plan de Produción e Comercialización anual de OPP Lugo, cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMP.