Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde, Alfredo Llano, e as concelleiras de Servizos Sociais e Igualdade, Carmela López e Noelia Mª Ben, visitaron este martes no seu domicilio a Gloria da Corneta, á que lle desexan unha pronta recuperación

Desde o equipo de goberno comentan que “Gloria da Corneta é unha burelesa moi preocupada polo seu pobo e moi implicada na vida municipal. É moi habitual que nos visite polo Concello. A última vez foi para doar un cadro cunha fotografía antiga da Fábrica de Gres. Gloria é unha persoa que mantén viva a memoria de Burela. Agora a súa saúde resentiuse e nós quixemos devolverlle o cariño que semana tras semana nos amosa nas súas visitas”. E engaden: “queremos desexarlle unha pronta recuperación e agardamos vela de novo polo Concello de Burela”.

Exit mobile version