José Miñones enmarcou esta resolución no compromiso do Goberno de España coa promoción turística de Galicia, que xa suma este ano 60 millóns de euros en diferentes programas e liñas de investimento. En concreto, o Plan Turístico Nacional Xacobeo 2021-2022, que contempla un investimento de máis de 25 millóns de euros para impulsar os Camiños de Santiago en Galicia aos que se suma unha partida de 3 millóns de euros do Programa Impulsa Patrimonio para a cidade de Santiago.
Ademais, Galicia recibirá 29,38 millóns de euros do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para impulsar a transformación dos destinos turísticos e facelos máis competitivos e máis resistentes ante futuras crises.
Por outra banda, José Miñones lembrou que está pendente de resolver a convocatoria extraordinaria de Plans de Sostibilidade Turística, financiada con cargo ao Plan de Recuperación. Esta resolución permitirá sumar novos destinos aos dous aprobados hoxe polo Consello de Ministros. Neste punto, o delegado lamentou que a Xunta estea a presentar os destinos escollidos cando a convocatoria segue sen resolver.
.