Pola nosa banda, ao marxe de calquer polémica so queremos transmitir a seguinte información: O día 28 de Outubro, o noso grupo de antigos membros da Plataforma Pola Defensa da Ría de Ribadeo remitimos ao Instituto Geográfico Nacional un informe de 22 páxinas con alegacións ao documento presentado no seu día pola Dirección General de Política Llinguística del Principado de Asturias. O noso informe, que está colgado no Blog Ribadeando de Antonio Gregorio, aporta 134 mapas ou cartas mariñas onde aparece a denominación “Ría de Ribadeo” e un mapa onde figura o doble toponímico Ría de Ribadeo e Ría del Eo. Ainda mais aportábamos centos de documentos dos séculos XVI e XVII onde figura o toponímico Ria de Ribadeo, unha análise do informe do Principado de Asturias e unhas conclusións. O prazo que nos comunicou o IGN para a presentación de alegacións finalizaba o 4 de Novembro, ou sexa onte xoves. A nota de prensa aludida afirma que a resolución do IGN é do 29 de outubro. Segundo as nosas informacións a Comisión Especializada de Nombres Geográficos do IGN compoñena 9 persoas, catedráticos, xeógrafos e expertos de toda España. Resulta incomprensible que esta comisión tomase un acordo cinco días antes de rematar o prazo de alegacións, ao día seguinte do noso escrito de 22 páxinas.
Pola outra banda a nota das axencias difundea a administración asturiana. Ate hoxe (5 de novembro) o IGN non nos ten comunicado nada como alegantes. A ver en que queda a noticia.