Site icon Crónica3.com A Mariña

Magosto en Mondoñedo este sábado

Mondoñedo, 4 de novembro, 2021. Este sábado día 6 de Novembro, Mondoñedo vai a celebrar o seu Magosto Tradicional. A festa está organizada pola AC O Pasatempo coa colaboración da AX Xoldra.

Desde as 18h, o protagonismo é dos máis pequenos da casa. Disfraces de Samaín e unha boa merenda a cargo de Xoldra, farán que collan forzas para o posterior pasarrúas, no que, acompañados das gaitas da AC Foles de Viveiro, percorrerán as rúas mindonienses na búsqueda de moedas e chuches co tan coñecido “Truco ou trato”.

E a partir das 20h, o Magosto máis tradicional a cargo do Pasatempo. Castañas asadas, viño e chocolate, farán as delicias dos asistentes. E todo amenizado por unha gran foliada cos grupos de gaitas AC Foles, Souto Xímaro e Os Carricantos.

Unha gran noite de festa na Praza do Concello, baixo carpa e no que as castañas e o son das gaitas serás os protagonistas. Ademais, convidamos a todo o mundo a traer o seu instrumento para acabar facendo unha foliada libre.

Exit mobile version