Site icon Crónica3.com A Mariña

Gaia desenvolve estes días obradoiros de elaboración de xoguetes dirixidos ao alumnado do CEIP Vista Alegre de Burela

Burela, 19 de novembro de 2021. As monitoras de Gaia do Concello de Burela, imparten estes días obradoiros de xoguetes con materiais naturais entre o alumnado do CEIP Vista Alegre. Con esta actividade, que se leva a cabo dende este xoves e ata o vindeiro luns, conmemoran o Día da Infancia.

“Nestes obradoiros realízanse xogos e xoguetes como o tres en raia ou os iguais, utilizando pedras, corchos, ramas, rodaxas de madeira ou cáscaras de noces, entre outros materiais”, segundo explican as monitoras de Gaia.

E engaden: “participan nenos e nenas desde Infantil ata 6º de Primaria para que despois os teñan na súa aula e poidan xogar con eles, vendo como non todos os xoguetes teñen que ser mercados, senón que moitas veces podémolos facer nós mesmos con cousas moi sinxelas que todos temos na casa ou que podemos atopar con moita facilidade”.

Exit mobile version