Site icon Crónica3.com A Mariña

Fin de semana solidaria na libraría Bahía

A próxima fin de semana -venres 26 e sábado 27 de novmebro- na Libraría Bahía celebran a segunda fin de semana solidaria. O 10% das vendas destes dous días vanse destinar a achegar un libro ás nenas e nenos con menos recursos do Concello. En colaboración cós servizos sociais, cada unha delas terá un cheque regalo có que se poderá achegar á libraría a escoller o libro que máis lles guste. Este é o segundo ano que levan adiante esta acción e con ela pretenden mandar unha mensaxe solidaria que consideran necesaria: merquemos pensando tamén nos demáis, sempre.

Exit mobile version