Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito na promoción turística e a degustación de produtos gastronómicos de Viveiro en Xantar

Viveiro, 8 de novembro de 2021. O Concello de Viveiro deixou un inmellorable sabor de boca en Xantar 2021, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Ourense, coa degustación dos seus productos e a promoción do seu potencial cultural e paisaxístico.

En concreto, na xornada do sábado ofreceuse unha degustación gratuíta de máis de 150 racións de dous produtos gastronómicos vinculados a dúas das festas de Viveiro con declaración de interese turístico: a merluza do pincho (cociñada en empanada) e o Pan dos Apóstolos (doce típico de Semana Santa).

Antes do inicio da degustación, o teniente de alcalde de Viveiro, Jesús Fernández, realizou unha intervención na que ademais da gastronomía destacou que “somos un municipio hospitalario, de profunda pegada histórica e eminentemente turístico, dotado dos servizos dunha gran cidade e co encanto propio das pequenas vilas”.

En palabras da Fernández, “a natureza foi xenerosa con Viveiro, dotándoo de infinidade de paraxes extraordinarias: montaña, mar, ríos e praias, destacando as de Area, Sacido e Covas, todas elas con recoñecidas distincións de calidade”.

“Viveiro ten no seu patrimonio histórico, tanto civil como relixioso, unha testemuña única da súa devir ao longo dos séculos; a mellor maneira de coñecer a súa historia é percorrendo as súas rúas, gozando da beleza do seu casco antigo e descubrindo os seus numerosos monumentos”, engadiu.

O concello contou cun stand propio en Xantar, no que durante os días da feira difundiuse o material de promoción turística de Viveiro.

A concelleira de Turismo, Marisol Rey, mantivo reunións con varios touroperadores portugueses e alemáns, atraídos desde hai tempo polo potencial que ofrece Viveiro durante todo o ano.

Exit mobile version