Nesta ocasión realizaron unha manualidade de Nadal, cun calcetín branco, con algo de recheo e con fieltro realizaron un Olaf. Desde Gaia explican que “esta actividade demostra que no Nadal podemos adornar a nosa casa con cousas feitas por nós, mesmo aproveitando materiais que todos temos e reutilizándoos, ademáis @s peques disfrutan moito con este tipo de manualidades”.