O voceiro do Grupo Municipal Popular e deputado autonómico, Daniel Vega, participou na visita da conselleira de Política Social, Fabiola García, e o delegado da Xunta, Javier Arias, á escola infantil de Ribadeo para coñecer as melloras realizadas pola Xunta cun investimento de 65.000€. “Quero agradecer á directora e aos traballadores o seu labor diario de atención aos 70 nenxs de entre 0 e 3 anos e tamén a súa colaboración para dotar de equipamento e realizar obras en distintos espazos do centro”, manifestou. Vega explica tamén que “o Grupo Municipal seguirá traballando para mellorar o día a día de Ribadeo”
Daniel Vega participa na visita á escola infantil de Ribadeo mellorada pola Xunta cun investimento de 65.000€