Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel Vega: “Non era sen tempo que o goberno local pagase facturas e subvencións do 2018”

Ribadeo, 10 de novembro de 2021. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, asegura que “non era sen tempo que se paguen facturas e se ingresen subvencións do 2018 no 2021. É un escándalo o que ocorre no Concello co goberno do BNG: que paga facturas e subvencións con tres anos de retraso”.

O popular explica que “o goberno local nos chamou mentirosos ao Grupo Municipal Popular cando comentabamos estes impagos durante os plenos. Dixéronnos que enganábamos á cidadanía e que facíamos política de barro; pero, quen engana agora?. Quen mentiu a moitas empresas que fan traballos ou venden material para o Concello e que tiñan facturas pendentes dende fai tres anos e aos colectivos e asociacións e que tiñan subvencións sen cobrar”, se pregunta.

Vega considera sorprendente que “se insultara ao Grupo Municipal Popular e se trata de ocultar a realidade” cando “agora moitos concelleiros están chamando a asociacións e colectivos para dicir que lle van pagar neste ano a subvención do 2018 case vendéndolles o favor de que grazas a eles reciben a subvención que xa lles correspondía ter cobrado fai tres anos. É incrible esta actuación do goberno local do BNG”, remarca.

O voceiro dos populares aclara que “nosoutros non eramos os mentirosos” e insiste en que “segue habendo facturas pendentes de pago dende o 2018 e subvencións pendentes de ingreso tamén dende o mesmo ano”. A este respecto, o Grupo Municipal Popular esixe que se lles pague con rapidez e, en xeral, que os pagos do Concello se fagan en tempo e forma”.

Exit mobile version