O popular explica que “para este pleno o Grupo Municipal Popular tiña rexistrada unha moción coa que instabamos ao goberno do BNG a aportar os terreos necesarios para a construción do novo centro de saúde aprobado pola Xunta dentro do Plan de Infraestruturas da Atención Primaria e que todos os ribadenses queremos. Vega defende a mellora da sanidade pública para todos os ribadenses e, polo tanto, considera que este tema é “necesario: un novo centro con novos servizos sanitarios”, engade.
O portavoz do Grupo Municipal Popular condena a actitude do goberno e pregúntase “se o BNG quere colaborar, se este é o traballo do goberno local en defensa dos intereses da nosa vila”.
“O único que lle pedimos ao goberno local é que ceda os terreos necesarios para a construción do novo centro de saúde en Ribadeo”, expón Vega que condena a suspensión deste pleno porque “supón aprazar esta decisión”.