Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel Vega: “A Plataforma Sanitaria perdeu a oportunidade de pedirlle ao alcalde de Ribadeo que ceda os terreos para a construción do novo centro de saúde”

Ribadeo, 4 de novembro, 2021. A Plataforma sanitaria da Mariña desprazouse este xoves a Ribadeo para facer unha recollida de sinaturas en apoio á sanidade pública e animar a acudir á manifestación que se celebrará o día 14 en Santiago baixo o lema “salvemos a atención primaria:en defensa da sanidade pública”. Pola súa banda, o voceiro popular e deputado autonómico, Daniel Vega, considera que “a Plataforma Sanitaria, que estivo hoxe recollendo firmas en Ribadeo, perdeu unha oportunidade única de pedirlle ao alcalde do BNG que se poña a disposición da Xunta de Galicia para ceder os terreos necesarios para a construción do novo centro de saúde -proxectado dentro do Plan de infraestruturas de Atención Primaria- e así mellorar e incrementar os servizos sanitarios e, en definitiva, mellorar a sanidade pública para todos os veciños de Ribadeo”.

Exit mobile version