Site icon Crónica3.com A Mariña

Dan comezo as obras de mellora da rede municipal de camiños en nove parroquias de Ribadeo

Ribadeo, 15 de novembro de 2021. Estes días comezan as obras de mellora da rede municipal de camiños nas parroquias de Ove, Arante, Cedofeita, Couxela, Vilaselán, Piñeira, Vilaframil, Rinlo e A Devesa. O investimento ascenderá a 212.000 euros, financiados polo Concello e pola Deputación de Lugo, a través do Plan Único.

O concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil, contou que “nestes días de mediados de novembro imos empezar coa execución dunhas importantes e necesarias obras de mellora da rede municipal de camiños das nosas parroquias, tanto das costeiras coma das do interior. Tendo en conta a enorme rede de camiños que temos, quixemos coma sempre, dialogar coas diferentes asociacións de veciños para que nos foran marcando as prioridades, sabendo que non podemos facer todo ao mesmo tempo”.

Villamil explicou que “desta volta imos actuar nas parroquias de Ove, Arante, Cedofeita, Couxela, Vilaselán, Piñeira, Vilaframil, Rinlo e A Devesa. Cun orzamento de 212.454 euros financiados polo Concello e máis a Deputación de Lugo, a través do Plan Único, pavimentaremos con aglomerado asfáltico varios quilómetros de viarios públicos, incluíndo a dotación de corredores laterais de zahorra para darlles algo de máis anchura e seguridade, así como a pintura das liñas laterais. Para todo isto fixemos un procedemento de licitación aberto, sendo adxudicataria a empresa Desarrollos y Metas, SL, que contará cun prazo de 2 meses para executar estas obras”.

O edil ribadense engadiu que “durante os vindeiros días seguramente provoquemos cortes ao tráfico nestes puntos de actuación mentres se executan as obras, e seguramente ocasionemos algunhas molestias, mais sabemos que o resultado vai ser tamén do agrado dos veciños e das veciñas do noso concello”.

Exit mobile version