O Pescados Rubén Burela, coa expulsión de Jenny na recta final da primeira parte por dobre amarela, conseguiu equilibrar o electrónico tras o descanso. Cami, no minuto 22, poñía o 1-1 ao segundo pau. Seis despois as de Lucas puxéronse por diante, cun gran disparo de Cilene á escuadra. Practicamente no desenlace, o Joventut devolvía táboas con xogo de cinco, a tan só medio minuto para o final, pero a calidade de Emilly soubo aproveitar un rexeite para que a vitoria tomase brillo laranxa.
Ficha técnica
Joventut d’ Elx: Eliza, Paula Morote, Elisa, Claudia Terrés, Bet Carrasco, cinco inicial; tamén xogaron Paula Sánchez, Nanna, Judit, Romina, Carol Andrade, Nekane
Pescados Rubén Burela FS: Sandra Buzón, Dany, Cilene, Cami, Jenny, cinco inicial; tamén xogaron Lara Balseiro, Elenita, Ale de Paz, Elena Aragon, Leti, Emilly
Goles: 1-0, minuto 1, Bet Carrasco, 1-1, minuto 22, Cami; 1-2, minuto 28, Cilene, 2-2, minuto 40, Elisa; 2-3, minuto 40, Emilly
Árbitros: Andreo Martínez // Reig Miralles. Por Joventut amarela a Paula Morote, Judit, Romina. Por Burela dobre amarela a Jenny ( minutos 16 e 17).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 6 de Primeira RFEF Feminina disputado no Esperanza Lag.