Foz, 8 de novembro, 2021. Máis de 50 persoas chegadas de distintos puntos da Mariña reunímonos onte sábado día 6 de novembro na Casa da Cultura de Foz e decidimos constituír a plataforma EOLICOS NA MARIÑA ASÍ NON, coa que pretedemos unir forzas e desenvolver accións para frear a expansión de megaparques eólicos que se están a promover por toda a Mariña, tamén por Meira e Pol que se integran na mesma plataforma.
As áreas de traballo serán a informativa, a legal, as movilizacións e a coordinación có resto de plataformas e asociacións sobre todo de Galicia e Asturias.
Consideramos que a actual xestión dos megaparques, propostos cada vez máis perto das vivendas e dos lugares de traballo, e levados adiante totalmente a espaldas das persoas e colectividades afectadas, vulnera os dereitos das mesmas, devalúa a nosa calidade de vida, deteriora o valor ambiental e económico dos espazos nos que se asentan e de todo o seu entorno, e teñen un coste ambiental altísimo. Pola contra, os seus beneficios para o territorio e as comunidades asentadas nel, son nulos.
As persoas que estean interesadas en poñerse en contacto coa plataforma poden facelo no correo: eolicosnamariha.asinon@gmail.com