Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza o Tapeando con Acisa, 16 propostas de “micro gastronomía”

Ribadeo, 5 de novembro de 2021. Desde hoxe e ata o vindeiro martes, día 9, terá lugar Tapeando con Acisa. Trátase dunha nova iniciativa ideada pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos para o sector hostaleiro na que se dan cita 16 establecementos asociados, que ofrecerán as súas orixinais preparacións durante 5 días.

En Tapeando con Acisa participan 16 locais: La Bugalla, Rosalar, O Alen, O Indiano, O Lar de Manolo, Goiás, Queimada, Galipizza, Delicates, Mareta, El Rincón del Gordo, La Lira, La Solana, O Xantar de Pazos, La Quinta y La Botellería.

En La Bugalla poderá degustarse arepa rechea; en Rosalar escalopíns ao cabrales; no Alén a tapa denomínase arroutada; no Indiano a proposta son callos con cogumelos; no Lar de Manolo servirán cachopo de pescada; no Goiás a tapa chámase isto está que arde; no Queimada poderase saborear rolo de primavera galego; en Galipizza ovos rotos con pataca panadeira e coquinas; no Delicates mini cachopo tres delicias; no Mareta mini hamburguesa con nachos e guacamole; no Rincón del Gordo pementos recheos; na Lira croquetas de cogumelos; na Solana palomitas de polbo; no Xantar de Pazos servirán o saquiño do mar; na Quinta solombo La Quinta; e na Botellería caldo vegano.
O prezo das tapas oscilará entre 1 e 3 euros. E os horarios para degustalas son marcados por cada local participante en Tapeando con Acisa. Na páxina web da asociación e nas súas redes sociais está colgada toda a información sobre esta nova cita gastronómica.

O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, considera que “este pode ser unha boa forma de dinamizar uns días deste mes de novembro, creando así unha oferta de ocio gastronómico e dándolle aos veciños e veciñas da vila e dos arredores unha boa razón para animarse a saír por Ribadeo”. O xerente da asociación, Jesús Pérez, anima “á xente a aproveitar esta ruta, na que contamos con 16 propostas diferentes moitas delas baseadas en produtos do outono, para tapear, pasear e disfrutar de Ribadeo durante estes cin

Exit mobile version