As monitoras de Gaia, pertencentes á Concellería de Medio Ambiente de Burela que dirixe Toñi Eijo, impartiron onte, venres, unha charla sobre os incendios forestais aos alumnos de 5° e 6° de Primaria do CEIP Vista Alegre. Os rapaces puideron aprender máis sobre este tema, tipos de incendios forestais, causas que os provocan, cómo actuar, cómo previlos…Os estudantes mostraron moito interese polo tema e plantearon bastantes preguntas ao respecto. Desde a Concellería de Medio Ambiente indican que “é moi importante esta temática, xa que todos podemos contribuír a que descendan os incendios forestais, que en moitas ocasións son causados por neglixencias humanas”.