En aberto para público en xeral interesado neste proceso para aproveitar os restos orgánicos do lixo e conseguir un abono de grande calidade. Será impartida por mestres composteiros de Sogama, quen nos proporcionou os 25 composteiros para esta nova entrega.
O Concello de Alfoz, continúa así traballando para fomentar unha xestión responsable dos residuos da súa veciñanza. Neste caso a través do Programa de Compostaxe de Sogama, ao que Alfoz está adscrito. En 2020 entregamos 25 unidades, este ano outras 25 e no vindeiro ano prevese unha nova entrega. A boa resposta por parte da poboación, sen a cal é imposible levar a cabo este tipo de iniciativas é fundamental para poder, entre todos, mellorar día a día a nivel medioambiental.