Alfoz, 25 de novembro, 2021. Este venres ás 18:00h no Salón de Actos do Centro Sociocultural terá lugar a Charla Formativa para aprender a elaborar compost e, ao rematar, serrán entregados os 25 composteiros ás persoas que os solicitaron no Concello durante estes meses.
En aberto para público en xeral interesado neste proceso para aproveitar os restos orgánicos do lixo e conseguir un abono de grande calidade. Será impartida por mestres composteiros de Sogama, quen nos proporcionou os 25 composteiros para esta nova entrega.
O Concello de Alfoz, continúa así traballando para fomentar unha xestión responsable dos residuos da súa veciñanza. Neste caso a través do Programa de Compostaxe de Sogama, ao que Alfoz está adscrito. En 2020 entregamos 25 unidades, este ano outras 25 e no vindeiro ano prevese unha nova entrega. A boa resposta por parte da poboación, sen a cal é imposible levar a cabo este tipo de iniciativas é fundamental para poder, entre todos, mellorar día a día a nivel medioambiental.