Dentro do programa de actos do XIV Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo, que se celebran os días 26, 27 e 28 de decembro de 2021, está prevista unha charla-coloquio de gran interese acerca do sal. Terá lugar o sábado día 27 de novembro, ás 19:00h no Auditorio Municipal Pascual Veiga, e baixo o título “O Sal da nosa vida, o sal da nosa dieta”, o Arqueólogo e subdirector do Museo do Mar de Vigo, D. Vicente Caramés e Dna. Antía Pérez Vázquez, Titulada en Nutrición Humana e Dietética, disertaran acerca deste condimento esencial da nosa dieta. A entrada e libre e gratuíta ata completar aforo.