Burela, 16 de novembro, 2021. Mujeres En Igualdad Provincial de Lugo (BUMEI), promoveu e organizou a gravación dun spot publicitario na TVG contra a Violencia de Xénero, na que colaboraron e participaron os Concellos de Ourol, Riotorto, Mondoñedo, Foz, Cervo e Xove.
Baixo o lema “Non lle virelas costas a Violencia de Xenero, plantalle cara!” “Une o teu Concello a loita!” “A Violencia de Xenero Dille NON” Mujeres En Igualdad Provincial de Lugo (Bumei), organizou este spot publicitario invitando a unirse na loita contra a Violencia de Xénero aos diferentes Concellos da Mariña Lucense.
Todos os Concellos participantes, acolleron esta iniciativa de bon grado e movilizando aos seus veciños, asociacións e ata nalgún caso os colexios, quixeron plantarlle cara a esta lacra social que é a Violencia de Xénero berrando unha frase que se lles proporcionou dende esta Asociación a cada un deles en sinal de repulsa.
Esta mesma mañá (16/11/21) realizouse unha gravación final con representación de todos os Concellos participantes e tamén, representante de diferentes asociacións e integrantes de Mujeres En Igualdad Provincial de Lugo (BUMEI).
O spot será emitido entre os días 21 e 25 en diferentes bloques que engloban á representación de 3 Concellos cada un e un bloque final onde saldrán todos os Concellos representados xunto a Mujeres En Igualdad Provincial de Lugo.
A maiores deste spot publicitario na TVG, aproveitando a gravación dos diferentes anuncios, durante a semana do 21 ao 27 tamén se emitirá diferentes cuñas radiofónicas con motivo desta mesma campaña contra a Violencia de Xénero.
“A implicación e a unión dos diferentes Estamentos, Concellos, Entidades e da sociedade en xeral, é de vital importancia para loitar contra a Violencia de Xénero, e por este motivo, porque así o entendemos na nosa loita diaria contra esta lacra, é polo que este ano dende esta Entidade, decidimos incorporar aos diferentes Concellos da Mariña Lucense a esta iniciativa que por segundo ano consecutivo organizamoss dende Mujeres En Igualdad Provincial de Lugo.
“Temos que dicir, que estamos moi agradecidas pola participación e colaboración recibida dende os difere tes Concellos participantes na Mariña Lucense, que se ven aquí representados uní dose a esta iniciativa, que pretende mostrar, a “unión da Mariña Lucense contra a violencia de xénero”, comenta Mary Fraga Fernández Presidenta de Mujeres En Igualdad Provincial de Lugo.
Outro dos actos nos que participará esta Entidade con motivo da conmemoración do Día Contra a Violencia de Xénero, será a participación por segundo ano consecutivo xunto coa Asociación de Senderismo de Barreiros que preside José Manuel Fernández, na II Andaina Contra a Violencia de Xénero Camiño ao Respeto da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, e que terá lugar o próximo domingo 21 dende Rinlo ata a Yenka. 12 km.
A maiores dos actos anteriormente mencionados, tamén poremos unha mesa informativa Contra la Violencia de Xénero o día 25 pola mañá na Praza do Concello de Burela.