Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro lembra o lema “Sen industria non hai futuro” no pleno do Parlamento

Compostela, 23 de novembro, 2021. O deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, aproveitou a súa intervención na comparecencia da conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, no pleno do Parlamento galego de onte, para facer unha referencia á folga xeral da pasada semana na Mariña lucense.

Balseiro lembrou un dos lemas máis coreados polos manifestantes “Sen industria non hai futuro” para insistir na importancia de que se cumpran os acordos parlamentarios entorno ao futuro das principais industrias da zona.

Así dirixiuse a socialistas e nacionalistas para que cumpran o prometido: a intervención pública de Alcoa por parte da Sepi, que desde o Ministerio bloquean, evitar o peche de ENCE e o consecuente impacto no sector forestal lucense, que extraigan leccións da reapertura da central térmica das Pontes, que volve a quemar carbón, ou que deixen de paralizar o desenvolvemento eólico en Galicia, que terminan por traducirse na marcha de empresas como Vestas que fabrican componentes dos aeroxeneradores.

Exit mobile version