Xove, 4 de novembro, 2021. Este vindeiro sábado 6 de novembro, ás 8 da tarde, o Comité de Empresa de Alcoa organiza unha Andaina cuxo percorrido sairá da Rotonda de Beltrán en Lago en dirección a Xove, entrando pola Avenida Deputación, baixando pola Rúa Tomás Mariño Pardo ata Praza do Concello.
Nesta andaina empregaranse candeas a modo de iluminación, polo cal se lle pide a todos os asistentes que traigan a súa. Por expresa petición do Comité solicítase a colaboración de todos os veciños de Xove por cuxo traxecto pase o percorrido desta andaina para que apaguen as luces das súas vivendas e negocios durante a marcha. Tamén se lles pide que, ademáis de apagar as luces, poñan candeas nas ventás.
Pola súa banda, o Concello, ademáis de animar a todos os veciños a acudir, colaborará apagando o alumeado público durante a andaina.