A Mariña, 16 novembro 2021. Unha ampla representación de cargos orgánicos e institucionais estará presente na manifestación deste mércores en Burela polo Futuro da Mariña, na xornadade de folga xeral na comarca. Ademais dxs representantes da Mariña, entre os que estarán a alcaldesa de Barreiros e responsable comarcal da organización Ana Ermida, tamén estarán o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, a deputada provincial Mónica Freire, o tenente alcalde de Foz Francisco Xavier Fanego, o tenente alcalde do Valadouro Eduardo Chao e o deputado mariñao no Parlamento Daniel Castro, e asistirá tamén a portavoz nacional Ana Pontón, que xa este luns mantivo un encontro en Burela cos axentes económicos e sociais.
Así mesmo asistirá Olalla Rodil, viceportavoz no Parlamento, o deputado Ramón Fernández, responsable da área de industria no grupo parlamentario do Bng, e Daniel Pérez, deputado responsable da área de emprego tamén no grupo parlamentario.
Desde o BNG animan a todas as mariñás e mariñaos a acudir masivamente a esta manifestación polo Futuro da Mariña, nun momento crítico para a comarca, para facernos escoitar e para que atendan as demandas desta comarca marxinada e ninguneada polo Estado e pola Xunta.