Alfoz, 15 de novembro, 2021. Xa está aberto o prazo de inscrición para realizar unha nova Visita Guiada do Concello de Alfoz.
As persoas interesadas poden chamar ao 982 558 001 (ext.3) para anotarse ata o día 19 de novembro ás 14:00h. As prazas son limitadas e a actividade é gratuíta.
O sábado 20 de novembro, ás 16:00h, partirase desde a Casa do Concello en autobús para realizar o percorrido que nos levará ata a Igrexa de Sta. María de Bacoi e á Capela do Santiago en Lagoa.
Acompañados por Dolores Barral, catedrática de Historia da Arte da USC, coñeceremos os rasgos máis importantes de ambos templos.
No caso de Sta. María, constuida na primeira metade do s. XVIII, sobresae polo seu retablo de estilo churrigueresco, considerados un dos mellores exemplos do barroco galego.
A Capela do Santiago destaca polas súas grandes dimensións cun amplo pórtico de entrada, a lápida relativa á súa fundación, así como o retablo de estilo do renacimiento popular, ou unha lámpada do s. XVI.
As visitas forman parte dun programa da Área de Turismo Municipal para poñer en valor a riqueza patrimonial do Concello de Alfoz tanto para visitantes como para os propios veciñas e veciñas, encadrado dentro do Plan Único da Deputación de Lugo.