Site icon Crónica3.com A Mariña

Acto informativo sobre a factura eléctrica en Xove

Xove, 24 de novembro, 2021. Dende o Grupo Municipal do BNG de Xove, percibindo a preocupación que hai na xente polo prezo que adquiriu un ben básico como é a electricidade, convidamos a Xosé Manuel Golpe (técnico da Axencia Provincial da Enerxía da Coruña) para desentrañarnos o sistema eléctrico, dende a producción ata a factura que nos chega ás casas.

Organizamos un acto informativo onde poderemos saber como baixar a factura da luz ou se o autoconsumo é rendible. Convídase a toda a cidadanía a asistir a este acto para coñecer as respostas a estas preguntas e a outras que se podan facer, acudindo este venres 26, ás 20h, na aula de formación do concello de Xove (fronte ao xeriátrico).

Exit mobile version