Site icon Crónica3.com A Mariña

Acisa colabora e patrocina a campaña de captacion de socios do Ribadeo FC ‘Obxetivo 400’ co sorteo de 500€ en vales de compra

Ribadeo, 22 de novembro de 2021. Hoxe foi presentada a campaña de captación de socios do Ribadeo FC, que conta coa colaboración e co patrocinio de Acisa. Na cita participaron os presidentes de ambas entidades.

Francisco Iriarte, responsable da patronal ribadense, dixo que “para Acisa é un orgullo que o Ribadeo FC pensase en nos para promocionar a súa campaña Obxectivo 400, coa que pretende chegar a esa cifra de socios. A colaboración e patrocinio de Acisa é moi sinxela, pero á vez moi interesante para os nosos socios e socias, xa que se trata dunha campaña que se basea nun sorteo de 500 euros en vales de compra”.

O presidente de Acisa sinalou que “o que fixemos as dúas entidades foi elaborar as bases dun sorteo cun total de 5 premios de 100 euros cada un en vales de compra de Acisa, e que se realizará entre o numero de socios que teña o Ribadeo FC o 16 de xaneiro de 2022. O sorteo será o 17 de xaneiro, mediante un programa de xeración de números aleatorios entre os carnés de socios que teña o club ribadense o día antes. Terá lugar a porta pechada e será retransmitido en vídeo a través do facebook de Acisa. Posteriormente emitirase un comunicado cos premiados. O único requisito para participar deste sorteo é ser ou facerse socio do Ribadeo FC. Os afortunados terán ata o 31 de xaneiro para recoller os seus premios”.

Iriarte Quintana engadiu que “dende Acisa creemos que é importante que entre as diferentes asociacións e colectivos colaboremos para poder medrar, por iso nace esta campaña. O Ribadeo pode así aumentar o número de socios e Acisa inxecta 500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados”.

Pola súa banda o presidente do Ribadeo FC, Pedro Posada, indicou que “coa campaña Obxectivo 400 e a colaboración de Acisa, o que pretendemos é chegar a esa cifra de socios e facer medrar a masa de afeccionados e asociados do noso club. Polo tanto, facerse socio do Ribadeo FC poderá ter premio. Si xa es socio do Ribadeo entras automaticamente no sorteo co teu numero de afiliado, e se non o es xa tes outro motivo para facerte e así entrarás no sorteo co número que se che asigne. As bases do sorteo poderanse encontrar nas oficinas tanto do Ribadeo FC como de Acisa e nas webs de ambas entidades“.

Exit mobile version