Segundo idade, hai cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concédense tres premios; ademáis, unha das postais premiadas no Concurso poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello como felicitación das festas de Nadal 2022/2023
Cada concursante pode presentar un ou máis traballo, co que terá máis opcións de gañar algún dos premios, iso sí, ningún concursante pode gañar máis dun premio. O Concello pretendeu con este Concurso potenciar a participación e creatividade dos rapaces.
As postais deberán estar relacionadas con motivos navideños.
Realizaranse en cartulina, folio ou calquera outro material que se axeite ao tamaño dunha cuartilla (medio folio).
A técnica a empregar será libre: debuxo a lápis, rotuladores, ceras, collage, etc.
A postal non incluirá ningún dato persoal do/a concursante.
A ficha de inscrición deberá presentarse, xunto coa postal a concursar, na Biblioteca Municipal con data límite 13 (incluído) de decembro de 2021.