Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo de presentación do Certame de Postais de Nadal 2021 da Biblioteca Municipal de Burela

Burela, 2 de novembro, 2021. A Blioteca Municipal de Burela, ven de abrir o prazo de presentación do Certame de Postais de Nadal 2021.
Como en edicións anteriores está aberto a tódolos nenos e nenas do Concello en idade escolar. O tema das mesmas será o NADAL , a técnica libre e o tamaño aproximado das postais será de 15×21 cm pechada, e 30×21 cm aberta.

Establécense tres premios por cada unha das categorías :

-Educación Infantil.
-1º e 2º de E.Primaria.
-3º e 4º de E.Primaria.
-5º e 6º de E.Primaria.

Os traballos enviaranse sen asinar acompañados dun sobre pechado dentro do que figurarán os datos do autor/a, teléfono , centro de estudo, curso e idade.
O prazo de entrega das postais, rematará o vindeiro, 14 de decembro ás 20:00 horas, entregaranse no andar baixo da Biblioteca Pública de BURELA.

Os traballos serán expostos ao público na Sala de Arte da Casa da Cultura desde o 21 de decembro ata o 15 de xaneiro, o seu horario de visitas será de luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.

Exit mobile version