Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma sanitaria da Mariña recolleu este xoves en Ribadeo sinaturas en apoio á sanidade pública

A Mariña, 4 de novembro, 2021. A Plataforma sanitaria da Mariña desplazouse hoxe pola mañá a Ribadeo para facer unha recollida de sinaturas en apoio á sanidade pública. Diferentes activistas do colectivo sanitario informaron a veciñas e veciños dos motivos para mobilizármonos e animaron a acudir á manifestación que o día 14 de novembro sairá da Alameda de Santiago.

Ata o centro de saúde de Ribadeo achegouse o alcalde da vila para amosar o seu apoio total á sanidade pública.

Lembramos que haberá autobuses gratuitos para acudir á mobilización.Para anotarse basta con chamar aos teléfonos 982140654// 982581861 e 667052058.

Desde a Plataforma sanitaria valoran positivamente este primeiro acto informativo e de recollida de sinaturas.O seguinte acto será o día 9 de novembro ás 12 horas diante do hospital da Mariña.

Segundo comenta a coordinadora, Montse Porteiro, “a xente amosase mui receptiva á información veraz que lles damos, polo que a recollida de sinaturas foi un éxito. Agardamos que estes actos sirvan para dar un toque de atención ao goberno da Xunta na recuperación da atención primaria, e que invistan o que sexa preciso en persoal e medios materiais, e non só en ladrillos como adoitan facer desde a Xunta”

Exit mobile version