A semana pasada comezaron as visitas de grupos de alumnos que mesmo trouxeron aos seus pais e nais pola tarde para ensinarlles a exposición e o que aprenderon da visita guiada.
Esta mostra ten unha parte lúdica –arredor destes bonecos tan coñecidos- e outra didáctica, para que pequenos e grandes saiban máis da historia da comarca: quen eran os viquingos, como era a súa cultura, de onde viñan, por que lles interesaba esta zona…
A exposición de Playmobil estará na sala de Turismo de Ribadeo ata o 8 de xaneiro.