Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, acudiron este domingo á sexta edición da Feira do Mel de Montaña de Muras, coa que colabora a Deputación

Ademais da venda e exposición de mel e produtos de temporada, esta cita contou con actividades destinadas a todos os públicos entre as que destacaron as charlas, o magosto e unha demostración de cociña. A institución provincial axuda a través do Servizo de Audiovisuais á difusión deste evento, que reuniu na parroquia de Viveiró a unha vintena de expositores. Os responsables provinciais visitaron ao mediodía o recinto feiral acompañados polo tenente de Alcalde da localidade, Mario Rouco, e outros membros da Corporación municipal.

Exit mobile version