Desde a Concellaría de Cultura, Pilar Otero, subliñou que “Cultura nas Parroquias programou sobre todo música tradicional con grupos locais como Seimeira, Amigos da Gaita ou Illa Pancha, e tamén botou man de formacións doutros concellos da Mariña, como foi o caso de Os Misturos. Así mesmo, a Coral Polifónica de Ribadeo realizou en San Pedro de Arante o seu tradicional concerto de Santa Cilla”.
E engadiu: “mais non só se fixo un deseño que xirou arredor da música, tres das parroquias ribadenses puideron gozar a maiores da actuación dun dos mellores representantes da narración oral galega e da Península, Celso F. Sanmartín. E ademais Versión Fin chegou a Rinlo e á Devesa”.
Antes de que remate o ano haberá senllas actuacións en Remourelle e Cedofeita.