Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG Ensino denuncia uns servizos mínimos abusivos impostos pola Xunta na folga deste mércores na Mariña

A Mariña, 16 de novembro, 2021. A Consellaría de Educación vén de publicar no DOG uns servizos mínimos para a Folga da Mariña  que son de máximos en moitos sectores laborais e nomeadamente no educativo. A CIG presentará hoxe recurso contra este novo boicot da Xunta ao dereito, neste caso de toda unha comarca, a exercer o dereito á folga.

Denunciamos que os servizos mínimos aplicados á folga  poñen contra as cordas a liberdade do profesorado e do resto do persoal dos centros educativos para exercer o dereito á folga.

A Consellaría de Educación segue usando a pandemia como unha coartada para que os nosos dereitos como comarca se vexan absolutamente limitados.

Exit mobile version