A Mariña, 16 de novembro, 2021. A Consellaría de Educación vén de publicar no DOG uns servizos mínimos para a Folga da Mariña que son de máximos en moitos sectores laborais e nomeadamente no educativo. A CIG presentará hoxe recurso contra este novo boicot da Xunta ao dereito, neste caso de toda unha comarca, a exercer o dereito á folga.
Denunciamos que os servizos mínimos aplicados á folga poñen contra as cordas a liberdade do profesorado e do resto do persoal dos centros educativos para exercer o dereito á folga.
A Consellaría de Educación segue usando a pandemia como unha coartada para que os nosos dereitos como comarca se vexan absolutamente limitados.