Site icon Crónica3.com A Mariña

40 participantes na xornada inaugural do programa Imos Andar de Ribadeo

Ribadeo, 16 de novembro de 2021. O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, fai unha valoración moi positiva do programa Imos Andar que arrincou hoxe e que terá lugar os martes e xoves, ás dez menos cuarto da mañá, con saída desde a praza de abastos. O edil destacou a acollida na que hoxe participaron unhas corenta persoas que percorreron a parroquia de Ove.

Jorge Díaz subliñou que “Imos Andar tivo moi boa acollida. Houbo unhas corenta persoas que viñeron desfrutar dunha paisaxe moi entrañable cunhas vistas moi atractivas xa que fomos ata o Campín de Ove. Participou xente de todas as idades, variopinta, con máis mulleres que homes, pero moi boa a acollida destes paseos saudables e sociais”.

O edil de Deportes dixo que “estes paseos son bos ademais de por saúde tamén por interacción social porque a xente vai charlando á vez que vai andando. Faise unha socialización moito máis diversa porque tamén hai persoas de todas as idades. É todo favorable, así que a seguir. A vindeira andaina será este xoves con saída desde a praza de abastos ás 9:45 horas. Recoméndase estar xa por alí ás nove media da mañá para comezar a actividade con puntualidade”.

Exit mobile version