Lugo, 12 de novembro de 2021. 161 deportistas recibirán as bolsas para deportistas indiviuais da área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, segundo se recolle na resolución provisional da convocatoria publicada no Boletín Oficial da Provincia.
As bolsas, que oscilan entre os 300 e os 1.500 euros, teñen como obxectivo impulsar a actividade deportiva nas diferentes disciplinas. O deputado de Deportes Efrén Castro explicou que “se trata dunha liña de axudas orientada fundamentalmente ás etapas de iniciación, coa que tratamos de contribuír a financiar os custos derivados da actividade competitiva e apoiar o esforzo persoal por mellorar a nivel deportivo en calquera disciplina”.
Así, figuran entre as persoas beneficiarias das bolsas figuran deportistas de distintas modalidades: atletismo (64), piragüismo (24), péntatlon moderno (13), karate (8), taekwondo (7), remo (7), judo (7), natación (5), tiro olímpico (3), bolos (3) / bolos celta (1), squash (2), loitas olímpicas (3), hípica (3), motociclismo (1), surf (1), tenis (1) e triatlón (1).
A convocatoria, que se repite anualmente, está aberta a deportistas de modalidades individuais con licenza federativa menores de 35 anos e empadroados/as calquera municipio da provincia. As contías asígnase en función de criterios de valoración obxectivos, tendo como referencia fundamental os resultados acadados en campionatos federados -mundiais, europeos, estatais, galegos ou provinciais- na anualidade 2020. A participación feminina incentívase cunha puntuación adicional. Tamén se valora positivamente a pertenza a clubs e entidades deportiva da provincia.
Ademais, resérvanse sete bolsas para deportistas con capacidades diferentes que compiten en modalidades adaptadas.
A área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo investiu nesta convocatoria de concorrencia competitiva un total de 85.500 euros, que se suman aos 500.000 concedidos a clubs e entidades deportivas.