O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “cada establecemento ofrecerá todos os días unha tapa especial. As tapas terán un prezo que oscilará entre 1 e 3 euros, cada local fixou o seu prezo. Nos dípticos, que desde hoxe están nos bares, mesóns e restaurantes participantes, a clientela poderá atopar todos os datos das tapas que se van ofertar, os nomes das tapas, horarios de servizo e se ai opción de levar para casa. A campaña estará a nosa web e nas redes socias”.
Francisco Iriarte, presidente de Acisa, dixo que “quixemos darlle total liberdade aos participantes establecendo prezos, días de participación e tipo de tapa a ofrecer, co fin de que esta campaña responda o mellor posible ás necesidades e criterios de cada un deles”.
En Tapeando con Acisa participan 16 locais: La Bugalla, Rosalar, O Alen, O Indiano, O Lar de Manolo, Goiás, Queimada, Galipizza, Delicates, Mareta, El Rincón del Gordo, La Lira, La Solana, O Xantar de Pazos, La Quinta e La Botellería.
Iriarte Quintana manifestou que “traballamos dende hai un tempo en organizar unha actividade deste tipo que ven sendo solicitada pola hostalería en moitas ocasións, e despois de saír da emerxencia sanitaria e recuperar os aforos e as barras pareceunos o mellor momento para facelo. Cremos que pode ser unha boa forma de dinamizar uns días deste mes de novembro, creando así unha oferta de ocio gastronómico e dándolle aos veciños e veciñas da vila e dos arredores unha boa razón para animarse a saír por Ribadeo”.
Pérez Prada engadiu que “hai tapas moi elaborada. Creo que é unha boa forma para que a xente saia, tome dúas ou tres consumicións acompañadas das súas tapas, podendo case cear ou comer por un prezo mais que asumible, completando a ruta das 16 tapas e podendo probalas todas”.
Doazón a La Palma
Acisa Ribadeo realizou hoxe a transferencia en beneficio do Cabildo de La Palma, por un importe de algo mais de 2.600 euros, cantidade que foi recadada ao longo do pasado mes de outubro. Dende as 10 asociacións organizadoras séntense satisfeitos, xa que calquera pequena axuda, vai ser ben recibida alí. E subliñan que a conta quedará un tempo aberta por se alguén se anima a doar o longo de novembro.
Días Azuis
Acisa Ribadeo únese á campaña Días Azuis do Comercio Galego, que se celebra ata o vindeiro 20 de novembro. Aquelas persoas que rexistren as súas compras na web www.diasazuis.com entrarán no sorteo de 14.000 euros repartidos en 32 tarxetas de 250 euros e 40 tarxetas de 150 euros. Son válidas todas as compras realizadas no comercio local.
Acisa súmase a esta campaña “para facer de novembro un mes especialmente atractivo para os ribadenses e para vir mercar a Ribadeo. En novembro aquelas persoas que compren no comercio ribadense ademais poderán levar un desconto para combustible en Gasolineira Valcarce, poderán facerse coas panchas (a moeda local) e levar 40 panchas por 30 euros para consumir na hostalería ou no comercio locais, poderán tapear do 5 ao 9 e nunhas semanas chegará o Black Friday. Hai poucos meses tan interesantes coma este”, engadiron presidente e xerente de Acisa Ribadeo.