Site icon Crónica3.com A Mariña

Xuntanza entre Acisa Ribadeo e o deputado autonómico do BNG, Daniel Castro, para falar da situación do sector e do asociacionismo

Ribadeo, 18 de outubro de 2021. Acisa Ribadeo e o deputado autonómico do BNG Daniel Castro mantiveron hoxe unha xuntanza de traballo para falar sa situación do sector e do asociacionismo.

Francisco Iriarte, presidente da patronal, dixo: “quero agradecer ao deputado Daniel Castro, que se interesase pola nosa situación, a reunión foi moi frutífera. Expuxémoslle a situación que están a vivir o comercio, a hostalaría e os servizos na actualidade e tamén lle fixemos chegar as nosas peticións tanto para o empresariado como para a nosa propia entidade”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “na reunión puidemos analizar a situación que esta a vivir o sector e os problemas que afrontan. No caso da hostalaría abordamos como foron afectando as restricións e cambios normativos permanentes, especialmente neste ultimo ano, con protocolos de moi pouca lóxica e que prexudicaron gravemente a capacidade de traballo dos nosos hostaleiros; e tamén xunto co comercio a falta de axudas efectivas e reais para paliar as perdas ocasionadas pola pandemia. Analizamos a problemática xeral que están a ocasionar o recibo da luz e o prezo dos carburantes, algo que está a ser unha nova traba para a recuperación económica das nosas empresas e do consumo. Se a luz coa que se cociña nun restaurante sube, se o gasóil dos provedores sube, se todo sobe,… os prezos ao consumidor soben e se os soldos non soben o suficiente o consumo vese resentido”.

Iriarte Quintana indicou que “tamén puidemos comentar a importancia que vai ter o Camiño do Mar, co que Acisa está plenamente involucrada pola repercusión que pode ter para a nosa económica. Ambos coincidimos na necesidade de que a Xunta, comece de inmediato a promocionalo como ruta oficial e a dotalo de fondos así como na necesidade de reivindicar ante a Xunta e o Goberno central un futuro industrial para a Mariña e en especial para Ribadeo”.

Pérez Prada engadiu: “a Daniel Castro fixémoslle unha serie de propostas que como CCA creemos que poderiamos levar a cabo, se a Xunta as estudara. Unha delas é a necesidade de reforzar os servizos que os CCA ofrecemos, por exemplo, a xestión de axudas e subvencións para comerciantes y hostaleiros, de forma que teñan mais posibilidades de coñecelas e optar a elas; e a necesidade de cambios nas actuais axudas que recibimos nos e que moitos CCA levamos solicitando dende fai anos. E tamén lles expuxemos a falta de axudas que está a ter o asociacionismo empresarial. A dia de hoxe solo se convocou unha da Xunta para os CCA e non temos noticias de novas convocatorias. Esta axuda ademais aínda non foi resolta, situación que nos está a xerar grandes problemas, xa que é esencial para nos, polo seu importe de 40.000 euros. Aproveitamos tamén a ocasión para incidir na necesidade de que as administracións, especialmente a Xunta, consideren a convocatoria de axudas ás asociacións para hostalaría, algo que nun ano coma este debería ser unha prioridade para poder dinamizar e reactivar a actividade hostaleira agora que comeza o longo inverno”.

Colaboración coa AECC
Noutra orde de cousas, Acisa Ribadeo, un ano mais, colabora coa AECC na súa campaña de recadación de fondos para a loita contra o cancro, que comeza hoxe e remata o dia 22. “En Ribadeo a lo menos hai 35 negocios asociados onde se poden facer os donativos nas huchas facilitadas pola AECC. Dende ACISA Ribadeo facemos un chamamento á cidadanía a colaborar nesta causa solidaria”, insistiron presidente e xerente do colectivo empresarial ribadense.

Exit mobile version