Viveiro, 27 de outubro, 2021. A intención de Vestas é convocar diariamente aos traballadores, esgotando deste xeito as reunións necesarias para xustificar correctamente o periodo de consultas e poder executar o ERE sen maior problema.
A postura da empresa é cubrir o check list para poder deixar de fabricar en Viveiro. Afirman que a producción chegará a final de decembro. Discútese, iso si, a posiblidade de ampliar o periodo de consultas ata final de ano, permitindo deste xeito, nun tempo máis realista, atraer un inversor real para Viveiro. A reunión acabou sen chegar a entendemento neste punto. O comité emprazou a Vestas a outra reunión o próximo dia 4 de novembro.
Tampouco hai cambios na postura ante este expediente: lograr o mantemento de todos os postos de traballo. Os traballadores lembran que as propostas de minimización son tramposas, ollando o caso dos compañeiros de León; de casi 400 empleados apenas 4 foron finalmente as recolocaciones reais. As promesas eran recolocar o total da plantilla a traves de moitos mecanismos, pero unha vez firmado o ERE, desapareceron as boas vontades, e saltaron todos os plans de recolocación.