Site icon Crónica3.com A Mariña

“Vaia faena, a corentena”, en Burela

Os do grupo de teatro “O Centiño” de San Martiño, dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado que organiza este ano a Deputación, desprazámonos este vindeiro sábado, día 30 de outubro, ata o veciño concello de Burela. Estaremos ás 20,00 horas no Auditorio Municipal, tentando superar a ansiedade, a angustia, o estrés e o medo do pasado confinamento de 2020 por mor da pandemia de coroavirus. Severino e Consuelo, Elvira e Fermín, Félix e José Luis, Teresa e Cándido, os oito veciños do edificio, asomaranse unha e outra vez aos seus balcóns para darlles renda solta a todos os seus traumas coroavíricos e existenciais. Sempre con humor, sempre con simpatía. O teatro tamén é unha forma de vencer o Covid-19.

Exit mobile version