O home refire que lle quedaron secuelas tas a infección, pois sinte moito cansancio e que “non me atopo coma antes da enfermidade, nin moito menos e penso que é excesiva esta tardanza, estou preocupado polo meu estado de saúde, quero saber se teño algun problema serio ou non”- explica .
O paciente decide contactar coa Plataforma Sanitaria para facer unha reclamación.
Dianta desta demora tan escandalosa, o paciente decide contactar coa Plataforma sanitaria da Mariña para que lle axuden na redacción e rexistro da correspondente reclamación. Con data do 6 de setembro de 2021 presenta a reclamación no Hospital da Mariña, con número de rexistro 01769. Ata o momento só recibiu unha carta de Atención ao Paciente onde lle comunican, con moi boas palabras, que están a poñer todos os medios, que o lamentan profundamente e pídenlle desculpas.
Desde este colectivo esiximos que se deixen de tanta palabrería e tanto gasto de papel para non dicir absolutamente nada e que non enganen á xente deste xeito tan vergoñento, pois poñer todos os medios posibles significa dotar do persoal necesario nos servizos nos que hai infradotación – que a día de hoxe son práticamente todos – para garantir unha atención digna, co tempo de agarda máximo que marca a lei e que está a incumplirse de xeito flagrante e continuado.
Segundo comenta a coordinadora da Plataforma Sanitaria, Montse Porteiro, “sabemos que este servizo ten un déficit importante de especialistas desde hai moito tempo, e xs profesionais que hai nestes momentos están a sufrir sobrecargas moi importantes de traballo que merman a súa propia saúde e impiden que a atención sexa de calidade”.