Ribadeo, 19 de outubro de 2021. Ribadeo súmase á campaña de Ecovidrio, da Fundación Sandra Ibarra, da Xunta e dos Concellos no día mundial da loita contra o cancro de mama. E faino coa instalación dun contedor rosa no parque de San Francisco para visualizar, divulgar e concienciar sobre esta enfermidade.
O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, dixo que “hoxe, 19 de outubro, o Concello de Ribadeo súmase á campaña mundial contra o cancro de mama. É unha campaña de eido estatal, a través da Fundación Sandra Ibarra que colabora con Ecovidrio, á cal nos sumamos. É unha iniciativa a través de Ecovidrio e as comunidades autónomas, a través dos Concellos”.
O edil ribadense sinalou que “ten carácter de visualización e vai estar no parque San Francisco un contedor de cor rosa, identificativo con este día. Leva o lema de Coidate e coida o medio ambiente, ninguén te coñece mellor ca ti”.
Díaz Freije subliñou que “hai que reiterar o necesario que é facer esas revisións periódicas que as mulleres teñen que facer dunha idade para adiante e que se notan algo estraño vaian o máis inmediatamente posible ao médico para que lle fagan ese recoñecemento”.