Son Doroteia Tavares, José Carlos García e Alfonso Díaz Seronero, que están traballando no restaurante Bairro do Avillez, da capital portuguesa, grazas a unha beca Erasmus. Todos eles remataron a súa formación no ciclo medio de Cociña e realizan estas prácticas como recentemente titulados nun restaurante propiedade de José Avillez, importante chef portugués con establecementos en todo Portugal e Dubai.