Site icon Crónica3.com A Mariña

Tras ser aprobada a moción de urxencia do BNG, a Alcaldía de Viveiro terá que comparecer por irregularidades laborais nun pleno extraordinario o 21 de outubro

Viveiro, 14 de outubro, 2021. A alcaldía de Viveiro non puido evitar que a moción de urxencia presentada polo BNG saise aprobada e terá que comparecer o vindeiro 21 de outubro nun pleno extraordinario para dar conta das motivacións que conlevaron ao despedimento dunha traballadora.

Traballadora que ten adxudicada praza definitiva como persoal laboral do Concello de Viveiro por sentenza xudicial, efectuándose o seu despido baixo orde da alcaldía, asinada por María Loureiro, polo que esta actuación precisa de xustificación e explicación dos motivos de tal actuación.

Un sobregasto para o Concello, pois non é un caso aillado

No BNG de Viveiro cónstanos numerosas denuncias do persoal laboral do Concello de Viveiro por irregularidades na súas situacións laborais, chegando moitas delas a xuízo, que segundo temos constancia a maioría destas sentenzas saíron a favor das traballadoras e traballadores.

Todas estas denuncias e xuizos contra o Concello levan consigo uns gastos que son costeados con cartos públicos municipais, gastos de xuizos nos que hai que sumar os elevadísimos importes das indemnizacións derivadas de xestións erróneas, ou mal intencionadas, por parte da alcaldía de Viveiro.

En resumo, todo isto supón un importante agravío para a economía municipal, un sobregasto que a día de hoxe a veciñanza descoñece. Estes son os acordos da moción de urxencia presentada polo BNG, aprobados, dos que terá que dar conta a alcaldía de Viveiro:

1. Solicitar a presenza e información da alcaldía para tratar os seguintes puntos:

. Motivacións que conlevaron ao despedimento da traballadora E.B.C. así como as futuras actuacións previstas para con esta traballadora.

. Dar conta do número de denuncias/xuízos contra o Concello de Viveiro en materia laboral nos tres últimos mandatos: Cómputo desglosado dos importes de ditos custes. Resumo dos motivos das demandas e sentido das setenzas ditadas.

2. Elaboración de informes por parte do persoal técnico en canto ao despedimento da traballadora E.B.C.

Exit mobile version