Site icon Crónica3.com A Mariña

Somos Rural, Somos Deporte chega este sábado a Alfoz

Lugo, 14 de outubro, 2021. Dende a FAPACEL e coa colaboración da área de Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo organizamos o día 16 de outubro no polideportivo do Centro Público de Alfoz a terceira xornada de promoción do deporte dirixida ás anpas do rural, “SOMOS RURAL, SOMOS DEPORTE”, coa intención de achegarlles os deportes minoritarios e facilitarlles a posibilidade de incluilos nas súas actividades extraescolares.

Nestas xornadas, a primeira na Mariña, as nenas e nenos terán a oportunidade de practicar estes deportes durante toda a mañana no pavillón de Alfoz.

A dificultade de organizar actividades extraescolares tanto deportivas ,como formativas ou culturales e só unha máis das que atopamos no ensino rural; esa é a razón que nos impulsou a organizar estas xornadas: procurar a igualdade de oportunidades entre todo o alumnado, viva onde viva.

Os deportes que imos ter este sábado dirixidos por diferentes clubs da provincia son: judo, bolos celtas,tripenta, hockey sobre patins e billarda.

Estamos certas de que serán do interese das familias e de que entre todas conseguiremos levar máis opcións de deporte as nenas e nenos do rural. Na páxina da FAPACEL está colgado o formulario de inscripción.

Exit mobile version