Foz, 22 de outubro de 2021. Os orzamentos autonómicos para o 2022 demostran o compromiso da Xunta de Galicia con Foz. Así o entenden os concelleiros populares, que expresan a súa “máxima satisfacción porque Foz volve ser un lugar importante para os orzamentos da Xunta”. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala que a este municipio lle corresponden “5.200.000 euros, o cal significa que Foz sigue a ser un dos concellos da provincia de Lugo con máis investimento, pero sobre todo porque demostra, con dúas partidas moi importantes, o compromiso da Xunta co noso concello”.
Castiñeira declara: “O investimento máis relevante, que é o da depuradora nova, en Forxán, con máis de máis de 3,8 millóns de euros, permitirá licitar este proxecto nos próximos meses; se todo vai ben, o ano 22 deberá ser o ano de inicio desta infraestrutura, para a que hai dotados en todas as anualidades máis de 12 millóns de euros”.
Os populares mostran “a máxima satisfacción tamén pola decisión da Xunta de facer unha obra que pediu o PP nun pleno en agosto de 2019, que foi aprobada, que é a obra de mellora da eficiencia do edificio do IES de Foz. Como puidemos comprobar no seu día co director do centro, necesitaba unha mellora; nestes orzamento vai un millón de euros para esa obra tan importante demandada polo propio centro. Moi similar á que se fixo no colexio número un polo ano 2018”.
Castiñeira declara: “Estamos moi contentos e seguimos traballando nesa liña. Agradecemos aos dos delegados da Xunta, no seu día o señor Balseiro, que foi quen iniciou os trámites desta obra importante para o IES de Foz, e a Javier Arias por seguir esa liña e lograr que no ano 2022 vai esa obra que é demandada por toda a comunidade educativa do IES de Foz”.