Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2021. Este venres, día 8 de outubro, as traballadoras e traballadores do Banco Sabadell en todo o Estado están chamados a unha nova xornada de folga e mobilización contra o expediente de regulación de emprego (ERE). Mediante un despedimento colectivo, a entidade bancaria pretende desfacerse de 1730 persoas, negándose a estudar medidas alternativas —como as saídas voluntarias ou as prexubilacións.
A capital de Gailcia será o escenario principal da segunda xornada de folga —a primeira foi o mércores—, cunha manifestación que comezará ás 11:30 horas na oficina que o Banco Sabadell ten na rúa do Hórreo. A marcha percorrerá diversas rúas para rematar na praza de Galicia.
O percorrido previsto é o seguinte: rúa do Hórreo, praza de Galicia, Doutor Teixeiro, República do Salvador, Xeneral Pardiñas, Montero Ríos e de novo a Praza de Galicia.