A concelleira de Obras, Mónica Freire, explicou que “o proxecto supuxo a instalación de 7 novas luminarias de tecnoloxía led de 60 vatios. Esta zona da vila contaba con alumeado, pero moi limitado e con estas actuacións de mellora o que quixemos, ademais de aumentar o número de farolas, foi tamén cambiar de lado a súa instalación. Antes estaba no lado esquerdo da rúa e con esta obra quedou situado na parte dereita, sobre a beirarrúa”.
Freire Rancaño lembrou que “os traballos deron comezo o pasado mes de setembro. A rúa Picarolas estivo pechada ao tráfico uns días, polo que pedimos de novo desculpas á veciñanza polos prexuízos causados, pero toda obra sempre implica algunha que outra complicación. O importante é que a mellora rematou e que este vieiro xa conta coa iluminación que precisaba”
A edil ribadense engadiu que “o orzamento para esta actuación foi de 22.500 euros”.